Prácticas profesionais polo mundo adiante

Cando rematei o grao en Publicidade e Relacións Públicas non tiña nin idea de cal era o seguinde paso, onde ou cómo debía buscar traballo ou qué tiña que facer coa miña vida. Na facultade falaronnos dalgúns programas para realizar prácticas profesionais no extranxeiro e, como xa estivera previamente de Erasmus, puxenme a indagar e apareceron varias posibilidades das que me aproveitei.

Foi en xuño de 2014 cando rematei o grao e en agosto xa estaba embarcando con destino a Miami. Grazas a unhas axudas da Xunta de Galicia chamadas Galeuropa, aínda que daquela podías facer prácticas internacionais en calquera destino do mundo. Este programa busca mellorar a empregabilidade e as competencias profesionais da mocidade desempregada ofrecendo a posibilidade de adquirir experiencia profesional ao tempo que se melloran as competencias en outros idiomas. Grazas a este programa puiden disfrutar de 8 semanas consecutivas, nun dos destinos máis populares dos Estados Unidos, ao tempo que traballaba nas oficinas de Empire Events, unha axencia de relacións públicas ubicada en Miami Beach.

Volvín para a casiña a finais de outubro de 2014, deixei pasar o nadal e a mediados de xaneiro xa estaba facendo as maletas de novo con destino a Oporto. En este caso grazas a unha bolsa Erasmus+, igual que o programa Erasmus pero agora ía facer prácticas en vez de estudar. Erasmus+ presta axudas a estudantes ou recén titulados coa finalidade de mellorar as competencias comunicativas, lingüísticas e interculturale. Desta volta o periodo foi un pouco maior e botei 3 meses traballando na Universidade do Porto, colaborando con accións de marketing e comunicación pensadas para esta institución e coñecendo o funcionamento das universidades no país veciño.

O problema é que unha vez remataas estas viaxes e regresas á casa volves a un punto similar ao de inicio. É certo que tes máis experiencia profesional, máis coñecementos e destrezas e moitísimo máis crecemento personal; pero a realidade era que eu volvía para a casa sen un traballo nin pintas de que aparecese nada axiña. Entón xurdiu o programa Ben Empregado, un plan da Deputación de Lugo co que facilitaban a inserción no mercado laboral dos traballadores desempregados da provincia de Lugo. Esta opción foi o sistema máis interesante que coñecín para inserir aos desempregados no mundo laboral xa que a deputación asumía os gastos laborais e salariais da contratación durante un ano completo para axudar ao mesmo tempo ás empresas e as entidades sen ánimo de lucro da provincia.

Todo este proceso, a través de tres programas diferentes de axudas, foi o que vivín desde que rematei a miña carreira universitaria ata que conseguín un emprego estable no sector que me interesaba. Ás veces pénsase que este tipo de axudas están para pasear sen gastar moito ou para beneficiar a empresas, pero no meu caso personal servíronme para viaxar, aprender, conseguir experiencia e finalmente obter un traballo estable.

De tódolos xeitos, non pensedes que saes dunha bolsa e xa aparece outra diante dos teus fuciños, atopar estas posibilidades conleva estar atentos a todas as convocatorias que poidas saír de calquera dos organismos. A miña recomendación e que sigades en redes sociais ás contas coas que as universidades comparten as bolsas, aos perfís de Xuventude da Xunta de Galicia ou a calquera tipo de institución que oferte axudas que sexan do voso interese. Como vos digo, estas oportunidades non vos irán a buscar á casa, sodes vos as e os que tedes que ir tras delas, así que poñedevos as pilas e aproveitadeas todas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio web utiliza cookies. Si continúas navegando aceptas esta política de cookies, aquí podes ler máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies