Quen son?

Boas, se estás aquí será para saber un pouco sobre a miña persoa ou a miña traxectoria, así que tratando non ser demasiado pesado aquí vai algo de información:

Son Javier Abuín Penas, investigador en etapa predoutoral na Universidade de Vigo. Agora traballo na mesma facultade na que me graduei, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, en Publicidade e Relacións Públicas aló polo 2010. Despois de traballar no ámbito do marketing e da comunicación no ámbito privado durante máis de 3 anos e de facer un mestrado en Xestión Empresarial do Deporte, tamén na Universidade de Vigo, picoume a curiosidade da investigación e aquí me encontro actualmente. Agora meso estou a investigar sobre comunicación e responsabilidade social no deporte, aínda que me interesa moito todo o que ten que ver coa comunicación e as novas tecnoloxías.

Podes botar unha ollada ás miñas publicacións científicas aquí.

Se con estes datos non che chega, sempre me podes preguntar o que che pete a través da sección de contacto. Saúdos!

Este sitio web utiliza cookies. Si continúas navegando aceptas esta política de cookies, aquí podes ler máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies