“Creatividade e innovación social e sustentable”, o doutoramento

Doutor, calquera familiar meu pensaría que estudei medicina pero a posibilidade de converterse en doutor está ao alcance dos que sexan capaces de rematar unha carreira (agora son graos, antes foron licenciaturas e diplomaturas), un mestrado e presentar con éxito unha tese. En este último paso é no que me encontro desde setembro de 2017, tratando de finalizar do mellor xeito posible o doutoramento en “Creatividade e innovación social e sustentable“.

Seguro que este nome sona algo extraño pero o nome do programa é so unha idea xeral para permitirche facer un doutoramento nunha amplia gama de ramas de coñecemento. As posibles liñas de investigación son: innovación en saúde, sustentabilidade e comunicación, deseño e innovación social, innovación e sustentabilidade dos recursos naturais, gobernanza e innovación ou innovación pedagóxica na profesionalización docente. Eu elexín a liña de “innovación, sustentabilidade e comunicación” polo meu interese na comunicación, novas tecnoloxías, ferramentas, tácticas e estratexias da comunicación social. Se queredes máis información sobre este programa de doutoramento, podedes botar unha ollada nesta ligazón.

Saber se elexín ben ou non é moi difícil. Unha tese é unha carreira de ultra distancia, con altos e baixos, momentos nos que te cres o rei do mundo e momentos nos que pensas que non serves para nada, aínda que do que estou seguro é de que me encanta investigar e tamén, pese a que no pasado nin se me pasara pola cabeza, impartir docencia sobre materias e temas que me suscitan gran interés.

Son consciente de que o camiño que decidín tomar non é sinxelo e moito menos curto (neste post da post da Universidade de Sevilla podedes ver o longa e complicado que resulta converterse en profesor universitario), pero botando a vista atrás penso que foi un gran acerto meterme neste programa de doutoramento e, agora que estou tratando de rematar a miña tese e que non teño nada claro qué pasará cando acabe, animo a calquera que teña intereses científicos ou docentes a elexir este camiño.

Carreira de profesor universitario. Más info.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies. Si continúas navegando aceptas esta política de cookies, aquí podes ler máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies