VI Media Maratón Ribadeo – As Catedrais 2019

  • Carreira: Media Maratón Ribadeo – As Catedrais
  • Data: 14 de Setembro de 2019
  • Lugar: Ribadeo (Mariña Lucense) 
  • Distancia: 21,097 km
  • Tempo: 1h 39min 05seg
  • Prezo de inscripción: 3 euros (un regalo)
  • Valoración: 9/10
  • Percorrido: No meu Strava

Hai días que as pernas non van e aínda que estés a correr por un entorno fermoso as sensacións son as peores. O sábado pasado volvía a correr unha das medias maratóns que máis me gustan de Galicia e os ánimos eran bos, pero a proba non saiu como agardaba. Polo propio nome entenderás que esta media maratón sae do centro de Ribadeo e vai todo por estradas e sendeiros costeiros ata chegar á famosa praia das Catedrais. Esta carreira non é a máis recomendable nin para a xente que vaia a facer os 21 kilómetros por primeira vez, nin para os/as que desexen facer marca persoal nesta distancia. O percorrido é unha pasada pero está repleto de pequenas subidas e baixadas, aínda así a min gústame moito e aínda que este ano acabeina moi moi cansado creo que se trata dunha proba máis que interesante, ademais de ser unha das medias maratóns máis económicas de Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies. Si continúas navegando aceptas esta política de cookies, aquí podes ler máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies